viernes, 4 de agosto de 2017

JOSE LUIS NÓVOA DIRIXIRÁ AO SÉNIOR MASCULINO "B" E AO JÚNIOR MASCULINO "B" O PRÓXIMO CURSO

.

Jose Luis Nóvoa continuará a próxima tempada 2017/2018 no corpo técnico do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia despois da súa incorporación á nosa entidade no pasado curso 2015/16 e cumprindo nesta nova campaña a súa terceira como adestrador do club.

.

Adestrará e dirixirá aos combinados Sénior Masculino "B" e Júnior Masculino "B" da entidade, conxuntos que xa dirixiu a pasada tempada e que competirán na Liga 3ª División Sénior Masculina e na Liga 2ª División Júnior respectivamente.

.

A Dirección Deportiva do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia seguirá publicando os próximos días, a través da páxina web, o corpo técnico da nova tempada e dos equipos federados do club, así como as datas dos inicios da pretempadas.