jueves, 8 de junio de 2017

O SEIS DO NADAL - COIA ORGANIZA POR QUINTA TEMPADA CONSECUTIVA O DÍA DO BENXAMÍN EN NAVIA

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organiza o próximo domingo día 11 de xuño do 2017 a xa Quinta Edición do Día do Benxamín Vigo-Arousa nas instalacións e no exterior do pavillón municipal de Navia.

.

Un total de 24 equipos de categoría benxamín e procedentes da delegación de Vigo e da delegación de Arousa participarán no V Día do Benxamín que organiza a entidade viguesa na recta final da presente tempada 2016/2017.

.

Nesta quinta edición do Día do Benxamín participarán un total de 24 equipos dos cales 22 equipos pertencen á delegación de Vigo e 2 conxuntos pertencen á delegación de Arousa. Todos eles, sendo preto de 300 deportistas, protagonizarán unha gran festa do baloncesto que marcará o final da tempada.

.

O escenario do evento será o polideportivo municipal de Navia no que haberá cinco pistas no interior do pavillón. Nestas cinco pistas se xogarán 38 partidos de categoría benxamín ao longo da xornada da tarde do día 11 de xuño do 2016 entre as 16:00 e as 20:00 horas.

 

Ademais a organización do Día do Benxamín preparou para tódolos nenos e nenas participantes unha actividade de zumba aerobic e, se as condicións meteorolóxicas o permiten, a gran visita dos Bombeiros para realizar unha actividade de auga a media tarde.