lunes, 29 de mayo de 2017

O 18º CAMPUS DE VERÁN 2017 DO C.BC. SEIS DO NADAL - COIA XA TEN DATA: DO 3 AO 8 DE XULLO DO 2017

.

 

(Fotografías das anteriores edicións do Campus de Verán do Seis do Nadal)

.

Durante a semana do 3 ao 8 de xullo do 2017 celebrarase nas instalacións do Colexio Seis do Nadal o 18º Campus de Verán "Xornadas de Tecnificación" organizado un ano máis polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 17 anos.

.

Este campus ofrecerá unha completa formación deportiva que esta edición contará con contidos de inicicación e tamén de perfeccionamento que correrá a cargo de técnicos que contan cunha contrastada experiencia. Os adestramentos e sesións de baloncesto serán levados a cabo por adestradores do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia e por adestradores, técnicos e xogadores convidados doutros clubes e seleccións.

.

As xornadas se desenvolverán na Colexio Seis do Nadal entre as 10:00 horas e as 13:30 horas. Non deixes escapar a oportunidade de pasar o verán connosco e lembralo como un dos teus mellores na nosa compaña.

.

Proximamente se publicará nesta páxina web a folla de inscrición para participar no Campus de Verán 2017 do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.