jueves, 20 de abril de 2017

O JÚNIOR MASCULINO "A" DO CLUB XOGARÁ A FASE DE ASCENSO Á PRIMEIRA DIVISIÓN JÚNIOR

(O equipo Júnior Masculino "A" da presente tempada 2016/2017)

..

O equipo Júnior Masculino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado por Fernando María Pérez e Andrés Araya, clasificouse para competir na Fase de Ascenso á Liga 1ª División Júnior Masculina, despois de rematar na primeira posición do grupo "E" Vigo da Segunda División cun gran balance de dezanove vitorias e unha soa derrota.

.

Nesta Fase de Ascenso o Júnior Masculino "A" competirá no grupo Sur xunto ao Xuven (Cambados), Instituto Rosalía Fedesa (Santiago Compostela) e Bosco Salesianos (Ourense).

 

O primeiro dos encontros do noso combinado será o próximo domingo día 23 de abril ás 19:00 horas no Colexio Seis do Nadal fronte ao Instituto Rosalía Fedesa, segundo clasificado do grupo de Santiago da Segunda División.