martes, 17 de enero de 2017

DIVINA PASTORA SEGUROS INCORPÓRASE COMO PATROCINADOR DO SEIS DO NADAL - COIA

(O Cadete Masculino "C" xunto ao responsable de Divina Pastora Seguros)

.

Divina Pastora Seguros e o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia pecharon un acordo de colaboración para o presente curso 2016/2017, no cal a empresa de seguros convértese en novo patrocinador da entidade.

 

(Xogadores do equipo xunto a publicidade do novo patrocinador)

.

O equipo Cadete Masculino "C", en representación do Club Baloncesto Seis do Nadal, recibiu a visita dos responsables de Divina Pastora Seguros, quenes presentaron, como unha das primeiras iniciativas a desenvolver no club, o sorteo dunha viaxe para dúas persoas a Nueva York con dúas entradas para ver o partido da NBA dos New York Knicks contra Philadelphia o próximo 12 de abril no Madison Square Garden.

 

(Para participar no sorteo da viaxe a Nueva York pulsa na imaxe)

.

Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, agradecemos toda a confianza e todo o apoio depositado por parte desta empresa no noso proxecto, e estamos satisfeitos da relación establecida entre ambas partes para esta campaña. Moitas grazas pola súa colaboración.