domingo, 2 de octubre de 2016

O SEIS DO NADAL - COIA PRESENTE NA XUNTANZA DE MINIBÁSQUET CELEBRADA EN COMPOSTELA

(De esquerda a dereita: Hugo Fernández, Pablo Tresandí, Silvia Caíño e Julia Alves en Santiago de Compostela)

..

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia estivo presente na "xuntanza" de categoría minibásquet que se organizou o pasado sábado día 1 de outubro do 2016 en Santiago de Compostela no Pavillón do Restollal desde as 10:00 horas da mañá ata ás 20:00 horas.

..

As sete delegacións zonais da Federacíon Galega Baloncesto reuniron en Santiago de Compostela ás súas seleccións tanto feminina como masculina compostas de dez deportistas nados no ano 2005 en cada caso. Ademais tamén participaron dous combinados autonómicos da xeración do 2006.

 

Do Club Baloncesto Seis do Nadal participaron nesta nova xuntanza os xogadores Hugo Fernández e Pablo Tresandí, xogadores do Alevín Masculino "A", e Julia Alves, xogadora do equipo Alevín Feminino. Ademais tamén participou como adestradora Silvia Caíño, responsable dos conxuntos Infantil Masculino "A" e Alevín Masculino "A" do club.