(Manu Ferreiro nun partido de LEB Prata da tempada 2015/2016)
.
A 6ª Edición do Torneo de Baloncesto 3x3 que organizará o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia nas pistas do Colexio Seis do Nadal os próximos días 19 e 20 de agosto do 2016 xa ten padrino, un padrino de LEB Oro.
.
O padrino desta sexta edición do xa tradicional Torneo 3x3 será Manu Ferreiro, xogador nado en Vigo no ano 1990 e que militará a próxima tempada 2016/2017 no Marín Peixegalego de LEB Oro despois do recente ascenso na última campaña na que se proclamou campión de copa e liga.
.
(Manu Ferreiro durante un partido de LEB Plata co Marín Peixegalego)
.
Manu Ferreiro comezou a xogar en categoría preminibásquet na tempada 1998/1999 e a súa formación como xogador estivo moi ligada á cidade de Vigo nos clubs Vigo Básquet, Cía de María, Seis do Nadal Coia e Salesianos.
.
Con 16 anos debutou na Liga LEB co Gestibérica Vigo, con 17 e 18 anos xogou na Liga EBA no Valladolid Club Baloncesto, con 19 anos competiu na LEB Plata co Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, e desde ese momento incorporouse ao Marín Peixegalego onde xogou tres tempadas en Liga EBA e tres tempadas na LEB Plata.
Para o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia é todo unha honra contar con Manu Ferreiro como padrino do 6º Torneo de Baloncesto 3x3 que aínda ten o prazo de inscrición aberto ata o próximo luns 15 de agosto do 2016.