lunes, 25 de julio de 2016

O JÚNIOR FEMININO PARTICIPOU NA QUINTA EDICIÓN DO TORNEO INTERNACIONAL APOLINO TEIXEIRA

(O equipo Júnior Feminino no torneo disputado en Coimbra)

.

O Júnior Feminino, Seis do Nadal Coia, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia participou, unha tempada máis, na xa Quinta Edición do Torneo Internacional Apolino Teixeira organizado polo Academia Basquetebol (Penela) os pasados días 24, 25 e 26 de xuño do 2016.

.

O grupo Júnior Feminino do noso club, adestrado por Andrés Álvarez, pechaba a tempada de participación en torneos do club disputando este evento fronte a Academia Basquetebol (Coimbra), CB Queluz (Lisboa) e CDEF Franco (Madeira).

.

(O Júnior Feminino antes dun partido do Torneo Apolino Teixeira)