XORNADA LIGAS 1ª DIVISIÓNS: XORNADA 13 E 14 DE XANEIRO

.

 

Júnior Masculino (Liga 1ª División - 10ª xornada)

 

- Seis do Nadal - Coia 53 Vs Estudiantes Lugo Leyma 76

Hora: domingo 14 ás 17:00 h. Lugar: Pista Vermella (Vigo)

 

Júnior Feminino (Liga 1ª División - 10ª xornada)

 

- CB Arxil 67 Vs Seis do Nadal - Coia 44

Hora: domingo 14 ás 19:00 h. Lugar: Maxisterio (Pontevedra)

 

Infantil Masculino (Liga 1ª División - 8ª xornada)

 

- Toolmaker Seis do Nadal 81 Vs CB Tui Mascato "A" 73

Hora: sábado 13 ás 10:00 h. Lugar: Pavillón Navia (Vigo)

 

Infantil Feminino (Liga 1ª División - 8ª xornada)

 

- Comunygal Seis do Nadal 49 Vs CB Arxil "A" 43

Hora: sábado 13 ás 12:00 h. Lugar: Pavillón Navia (Vigo)

 

Preinfantil Masculino (Liga 1ª División - 10ª xornada)

 

- Seis do Nadal - Coia 47 Vs Sigaltec 74

Hora: sábado 13 ás 12:00 h. Lugar: Pavillón Sárdoma (Vigo)

 

Preinfantil Feminino (Liga 1ª División - 10ª xornada)

 

- Celta Zorka 72 Vs Seis do Nadal - Coia 30

Hora: domingo 14 ás 10:00 h. Lugar: Pav. Navia (Vigo)

O SÉNIOR MASCULINO DE PRIMEIRA DIVISIÓN COMEZA O NOVO ANO CON DERROTA ANTE O INTREMAR VIGO

..

INTREMAR VIGO (Vigo) 90

..

SYNGENTA SEIS DO NADAL (Vigo) 53

.

Liga 1ª División Sénior Masculina 2017/18 - 11ª xornada

Hora: sábado 13 de xaneiro ás 20:00 horas

Lugar: Pavillón O Berbés (Vigo)

.


O SÉNIOR FEMININO DE 1ª AUTONÓMICA VOLVE Á COMPETICIÓN CUNHA DERROTA ANTE O CALASANCIAS

..

..

CALASANCIAS (A Coruña) 61

..

SYNGENTA SEIS DO NADAL (Vigo) 54

.

Liga 1ª Autonómica Sénior Feminina 2017/18 - xornada

Hora: domingo 14 de xaneiro ás 19:00 horas

Lugar: Polideportivo Riazor (A Coruña)

XORNADA 2ª E 3ª DIVISIÓNS E MINI: XORNADA 13 E 14 DE XANEIRO

.

 

Sénior Masculino (Liga 3ª División - 12ª xornada)

 

- Seis do Nadal - Coia 69 Vs Apóstol 76

Hora: sábado 13 ás 16:00 h. Lugar: Col. Seis do Nadal (Vigo)

 

Júnior Masculino (Liga 2ª División - 11ª xornada)

 

- Seis do Nadal "B" 40 Vs Salesianos GLP Abogados 96

Hora: sábado 13 ás 18:00 h. Lugar: Col. Seis do Nadal (Vigo)

 

- Condado Eléctrica Sestelo 35 Vs Seis do Nadal "C" 69

Hora: domingo 14 ás 17:00 h. Lugar: Álvaro Pino (Ponteareas)

 

Cadete Masculino (Liga 2ª División -9ª xornada)

 

- Clínica Dental Romeo Seis do Nadal 106 Vs PBB "B" 33

Hora: domingo 14 ás 10:30 h. Lugar: C. Seis do Nadal (Vigo)

 

- Seis do Nadal "B" 26 Vs CB Tui Star Logística 109

Hora: sábado 13 ás 20:00 h. Lugar: Col. Seis do Nadal (Vigo)

 

- Central Eléctrica Sestelo 27 Vs Pintunova Seis do Nadal 58

Hora: domingo 14 ás 18:00 h. Lugar: Álvaro Pino (Ponteareas)

 

Cadete Feminino (Liga 2ª División - 10ª xornada)

 

- Decomar Seis do Nadal 72 Vs Apóstol 29

Hora: domingo 14 ás 12:30 h. Lugar: C. Seis do Nadal (Vigo)

 

- CB Nigrán 58 Vs Seis do Nadal "B" 22

Hora: domingo 14 ás 19:00 h. Lugar: Pav. Panxón (Nigrán)

 

Infantil Masculino (Liga 2ª División 2ª Fase - 1ª xornada)

 

- Seis do Nadal - Coia 42 Vs CB Baiona - Óculos Óptica 58

Hora: sábado 13 ás 12:30 h. Lugar: Col. Seis do Nadal (Vigo)

 

Alevín Masculino (Liga 2ª División - 8ª xornada)

 

- García Barbón 5 Vs Seis do Nadal - Coia 55

Hora: domingo 14 ás 10:00 h. Lugar: C. García Barbóno (Vigo)

 

Alevín Feminino (Liga 2ª División - 7ª xornada)

 

- Seis do Nadal - Coia 25 Vs Celta Zorka Rojo 61

Hora: sábado 13 ás 11:00 h. Lugar: Col. Seis do Nadal (Vigo)

 

Benxamín Masculino (Liga Zonal Vigo - 8ª xornada)

 

- Salesianos Vigo Verde 29 Vs Seis do Nadal - Coia 58

Hora: sábado 13 ás 16:00 h. Lugar: Col. Salesianos (Vigo)

 

- Seis do Nadal "B" 33 Vs Salesianos Vigo Negro 36

Hora: sábado 13 ás 9:30 h. Lugar: Col. Seis do Nadal (Vigo)

 

Benxamín Feminino (Liga Zonal Vigo - 8ª xornada)

 

- PBB Fem. 33 Vs Seis do Nadal - Coia 74

Hora: sábado 13 ás 9:45 h. Lugar: P. Municipal (O Porriño)

HUGO PÉREZ, XOGADOR BENXAMÍN GAÑADOR DO CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL, RECIBIU OS SEUS PREMIOS

(Hugo Pérez cos seus premios xunto a Concepción Martins, Presidenta do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia durante a Presentación Oficial da presente tempada 2017/2018)

.

Esta tempada 17/18 o Club Baloncesto Seis do Nadal Coia organizou por undécimo ano consecutivo a 11ª Edición do Concurso de Postais de Nadal dirixido a tódolos xogadores de categoría minibásquet dos equipos federados e de escolas deportivas.

.

A postal gañadora do 11º Concurso de Postais de Nadal foi a postal presentada por Hugo Pérez, xogadora do combinado Benxamín Masculino "A" do club dirixido por Aalí Mohamed e Lucía González.

.

A postal gañadora do concurso realizada polo xogador Hugo Pérez foi a Postal de Nadal coa que o Club Baloncesto Seis do Nadal Coia felicitou as festas a presente tempada 2017/18 a tódolos seus deportistas, técnicos, familiares, amigos, etc.

.

Ademais o creadora da postal gañadora do 11º Concurso de Postais de Nadal recibiu como premio durante a Presentación Oficial do presente curso 2017/18 e das mans de Concepción Martins, Presidenta do Club  Baloncesto Seis do Nadal - Coia, mostras da súa postal e unha camiseta conmemorativa do 35º Aniversario que celebramos este ano 2018.

REPORTAXE EN LA VOZ DE GALICIA SOBRE AALÍ MOHAMED, PRESIDENTE DE HONRA E ADESTRADOR DO CLUB

.

"El viaje del Sáhara a Vigo del que nació el Seis do Nadal. Aalí Mohamed fundó al club de baloncesto de colegio hace 35 años y lleva todo este tiempo como entrenador."

.

Así comeza a reportaxe publicada o pasado xoves día 11 de xaneiro do 2018 en La Voz de Galicia sobre Aalí Mohamed, Presidente de Honra e adestrador do Club Baloncesto Seis do Nadal, e a súa contribución no nacemento do club vigués.

.

Pódese acceder á reportaxe pulsando na imaxe desta noticia de La Voz de Galicia.

OS EQUIPOS INFANTIL MASCULINO "B" E CADETE MASCULINO "C" PRESENTES NO XIII NAVIBÁSKET DO CB NOIA

(Os equipos Infantil Masculino "B" e Cadete Masculino "C" en Noia)

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia participou o pasado xoves día 4 de xaneiro do 2018 no XIII Navibásket "Vila de Noia" organizado polo Club Baloncesto Noia no polideportivo Alonso Rodríguez e no pavillón Agustín Mourís.

.

.

(Os equipos do club recollendo os seus premios na clausura do torneo)

 

Do Seis do Nadal - Coia participaron no torneo os conxuntos Infantil Masculino "B", adestrado e dirixido por Antía Rivela, e o Cadete Masculino "C", Pintunova Seis do Nadal, dirixido por Sergio González e Hugo López. Xa na categoría infantil masculina tamén participaron os equipos do CB Noia e do CB Ribeira, e en categoría cadete masculina os equipos cadetes do CB Noia e CB Rianxo. Os nosos conxuntos proclamáronse campións do torneo tras impoñerse nos seus dos partidos da xornada.

PINTUNOVA INCORPÓRASE NESTA TEMPADA 2017/2018 COMO PATROCINADOR DO SEIS DO NADAL

(Membros da Xunta Directiva do club xunto ao Director de Pintunova)

.

A empresa Pintunova e o Seis do Nadal - Coia pecharon un acordo de colaboración para o presente curso 2017/2018, no cal a empresa galega de pinturas convértese en patrocinador da entidade.

.

Membros da Xunta Directiva e da Dirección Deportiva do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, visitaron as instalacións da tenda de Pintunova en Vigo, situada na Avenida Fragoso 42-44, para pechar xunto a Alberto Gómez, Director Comerial de Pintunova, o acordo de colaboración para o presente curso.

.

Un dos puntos deste acordo da colaboración é que o equipo Cadete Masculino "C" do club, que compite actualmente na Liga 2ª División Cadete Masculina 2017/18, levará o nome de Pintunova Seis do Nadal para o que resta de tempada.

.

Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, agradecemos toda a confianza e todo o apoio depositado por parte desta empresa no noso proxecto, e estamos satisfeitos da relación establecida entre ambas partes para esta campaña. Moitas grazas pola súa colaboración!

O CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL PARTICIPOU NO XXIII TORNEO DE NADAL DO MARISTAS CORUÑA

.

.

(Os equipos do club que participaron no Torneo de Nadal do Maristas Coruña. De arriba a abaixo: Infantil Feminino "A", Cadete Feminino "A" e Júnior Feminino)

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia participou o pasado venres 29 de decembro do 2017 no XXIII Torneo de Nadal organizado polo Maristas Coruña nas categorías infantil feminina, cadete feminina e júnior feminina..

.

Do Seis do Nadal - Coia participaron no torneo os conxuntos Infantil Feminino "A", adestrado por Jorge Martínez e Aallí Mohamed; o Cadete Feminino "A", dirixido por Pablo Alonso e Aida González; e o conxunto Júnior Feminino, capitaneado por Francisco García.

 

Os nosos tres conxuntos participaron no campionato xunto aos combinados infantís, cadetes e júniors do Maristas Coruña, do Estudiantes Lugo e Bosco Ourense. O noso club disputou as tres finais, proclamándose campión en categoría infantil.

OS EQUIPOS ALEVÍNS "B" DO CLUB PARTICIPARON NO 2º MEMORIAL PACO FDEZ. VALDÉS EN PONTEVEDRA

(Os equipos Alevíns "B" despois da clausura do torneo en Pontevedra)

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia participou o pasado domingo día 7 de xaneiro do 2018 na Segunda Edición do Memorial Paco Fernández Valdés organizado no pavillón de A Xunqueira (Pontevedra) polo Estudiantes de Pontevedra..

.

(Tódolos participantes no 2º Memorial Paco Fernández Valdés)

 

Do Seis do Nadal - Coia participaron no torneo os conxuntos Alevín Masculino "B", adestrado por Sergio González e Brais Álvarez, e o Alevín Feminino "B" dirixido e capitaneado por Álvaro Rodríguez; xunto aos equipos alevíns do Estudiantes Pontevedra, Giraldo (Vilagarcía Arousa), Porriño Baloncesto Base, Marín Peixegalego e CAB Pontevedra.

YIMER FAILDE, XOGADOR INFANTIL DO CLUB, PARTICIPARÁ NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SELECCIÓNS

(Yimer Failde, xogador do club, coa Selección Galega Infantil Masculina)

.

Yimer Failde, xogador infantil do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, integrará a Selección Galega de categoría Infantil Masculina que representará á comunidade de Galicia no Campionato de España de Seleccións Autonómicas que terá lugar en Valladolid entre os días 3 e 7 de xaneiro 2018.

.

Yimer Failde, xogador do Infantil Masculino "A" de Primeira División e adestrado por Diego Montenegro e Sandra Solano, formará parte da Selección Galega Infantil Masculina que competirá no Grupo Especial "A" do campioanto xunto ás seleccións de Illas Baleares, Canarias, Andalucía e Madrid.

.

A continuación pódese consultar o calendario, tódolos rivais e datas de xogo do Campionato de España 2018 de Seleccións Autonómicas Infantís no que participará Yimer Failde do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia:

 

JOSE FERNÁNDEZ PARTICIPOU CO COMBINADO GALICIA 2007 NO TORNEO TERESA HERRERA EN A CORUÑA

(Jose Fernández durante o Torneo Teresa Herrera celebrado en A Coruña)

.

Os pasados días 2, 3 e 4 de xaneiro do 2018 celebrouse en A Coruña unha nova edición do Torneo de Minibásquet Teresa Herrera organizado polo Básquet Coruña e dirixido a equipos de categoría alevín masculina e feminina.

.

Competiron neste torneo os dous combinados Galicia 2007 da Federación Galega de Baloncesto. Jose Fernández, xogador do equipo Alevín Masculino "B" da entidade, representou ao Club Baloncesto Seis do Nadal como un dos integrantes do combinado Galicia 2007 de categoría masculina.

.

(Jose Fernández  co combinado galego no Torneo Teresa Herrera)